Este Blog vai a ser publicado en galego porque a continuación vou falar dunha obra feita polo autor galego Castelao, esta obra chámase "Os dous de sempre" e é unha obra que a min gústame moito.
Rañolas e Pedriño son dous rapaces que se coñecen desde cativos. Pedriño é o maior dunha familia con moitos irmáns, e vai vivir coa tía Ádega para estudar para crego. Rañolas é un rapaz moi activo, pero que fica orfo e marcha da vila co seu burro.
Pedriño é moi preguizoso, e ten como única preocupación comer. Abandona os estudos por culpa do latín, e malia que o cacique da vila lle consegue un emprego no concello, é expulsado por lambón. Porén, despois conséguelle un posto na administración de Facenda, a cambio de 100 pesos que lle dá a tía. No novo posto, nunha cidade, non se sinte cómodo, sendo branco das burlas dos compañeiros e do xefe. Con todo, coñece unha rapaza costureira coa que casa e ten un fillo. Non se leva ben coa sogra, e para evitar andar pola casa vai comer por tabernas cun compañeiro do choio, hábito que abandona ao se decatar de que deixa moitos cartos. Nunha ocasión pensa en ser infiel cunha amiga da muller, pero unha persoa anónima ameázao con avisar á sogra e éntralle o medo. Despois ten unha filla. Co paso do tempo, morren a tía Ádega e mais o cacique Don Andrés.
Logo de comezar a roubar pólizas, gastando os cartos en merendolas. Tras ser descuberto, marcha a Arxentina, indo a traballar á Pampa cun curmán seu. Logo de fracasar como tendeiro e como pastor de ovellas, regresa á cidade. Alí abandónase á vida descoidada, até que un día, logo dun soño no que se lle presenta o diaño, intenta asasinar a súa sogra cun coitelo. Desde ese momento dona Filomena comeza a respectalo, e conséguelle un traballo cómodo no concello.
Rañolas marcha como esmolante, e logo de practicar a picaresca polas feiras cunha parella, e de cruzar os Pireneos cun afiador ourensán, chega a Lourdes. Alí pasa un tempo aforrando cartos, e logo de pasar unha noite en Bayonne, chega a París. Logo duns días vagueando e coñecendo a cidade, comeza a vender prensa. Logo dun encontro co afiador, éntralle morriña, e pensa en regresar a Galiza para traballar de reloxeiro.
Cos cartos aforrados, vai a un cirurxián para que lle corte as pernas e lle instale unhas próteses. Despois monta a reloxería, e comeza a frecuentar a burguesía da vila. Porén, logo de ler A conquista do pan de Kropotkin e Les Ruines de Volney, devén en anarquista. Incómodo coa que entende como a súa escravitude en mans do capital, decidesuicidarse, facendo estourar unha bomba na súa casa, deixando escrito na parede a palabra ¡PROTESTO!.
FONTE:https://gl.wikipedia.org/wiki/Os_dous_de_sempre
No hay comentarios:
Publicar un comentario